Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Cuentas corrientes

Jessica Castellón & Boris Orihuela

Igrexa da Universidade

Cuentas corrientes é un dúo de danza que explora, cunha mestura de humor e visceralidade, os límites emocionais e físicos aos que nos pode levar o contorno laboral, e que reflicte a obsesión polo éxito, o sacrificio persoal e a perda de identidade nun sistema que converte a vida en transaccións e roles efémeros.

  • Todos os públicos
  • Danza, teatro
  • 15 minutos
  • Autoría Jessica Castellón
    Boris Orihuela
  • Dirección Jessica Castellón
    Boris Orihuela
  • Elenco Jessica Castellón
    Boris Orihuela
  • Iluminación Arian Araujo
    Alba Postigo
  • Música Eugenio Parra Guarino

A compañía

Jessica Castellón e Boris Orihuela, artistas gaditanos, combinan danza urbana, contemporánea e teatro físico. O seu traballo foi presentado en festivais como Dansa València ou Deltebre Dansa. Licenciados en Danza Contemporánea polo CSDV Nacho Duato, destacan como intérpretes en obras como Helena y Paris, de Taiat Dansa, e son creadores de pezas premiadas como Quo Fugio ou Cuentas Corrientes. O seu estilo conecta a linguaxe do corpo co universo visual do cine e o teatro.