Ir ao contido da páxina
  1. Sedes

Igrexa da Universidade

Praza de Mazarelos, 2
Ver no mapa

A Igrexa da Universidade, ou Igrexa da Compañía, foi construída polos xesuítas no século XVII. O conxunto pertenceu ao Colexio da Compañía de Xesús ata a expulsión da orde xesuíta de España. Posteriormente, a partir de 1769, pasou a ser a capela da Universidade.

Actualmente é un espazo multiúsos para intervencións culturais, nomeadamente exposicións e concertos acústicos, con capacidade para 250 persoas.