Tromsø
Morraoconto

Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz.
Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando entre tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura de respostas nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
Coa colaboración dos concellos de Ames, Santiago de Compostela, Vimianzo e Arzúa, Deputación da Coruña e CEMMA Cetáceos
- A partir de 16 anos
- Teatro, danza, música en directo, máscaras
- 80 minutos
- Autoría Rafa Martínez
-
Dirección
Rafa Martínez (texto e dramaturxia)
Esther Latorre (dirección de movemento) -
Elenco
Miguel Gendre
Lara Pouso
Lidia Veiga
-
Escenografía
Morraoconto
José Faro "Coti" - Iluminación José Faro "Coti"
-
Vestiario
Morraoconto
Ana Gesto
-
Música
Julia Ammerman (piano)
Lucía Iglesias (violonchelo) - Axudante de dirección Clara Martín
- Máscaras Rafa Rey
- Animacións, deseño e imaxe gráfica Rafa Martínez
- Cámara e corrección de cor Román Sanín
A compañía
Morraoconto somos Rafa Martínez, Lara Pouso e Miguel Gendre. A compañía nace como resposta á necesidade de crear unha plataforma de xestión propia coa que levar a cabo diferentes proxectos. Tentamos aportar valor engadido ás propostas escénicas, entendendo os procesos creativos como espazo de colaboración no que traballar con artistas e profesionais de diferentes disciplinas aos que invitamos a mergullarse no noso imaxinario. Sustentamos o traballo en tres piares fundamentais: liberdade creativa, experimentación e denuncia social.