Transeúnte
Daniel Rodríguez

Traseúnte é un espectáculo de catro bailaríns e dous músicos en directo, onde brilla o diálogo entre música, canto e baile tradicional coa danza contemporánea. Unha visión nova e fresca da simbiose entre tradición e contemporaneidade.
Transeúnte pon o foco na dualidade entre o permanente e o transitorio nos corpos da nosa xeración, atravesados polo folclore e a tradición, integrando influencias do noso contexto actual.
Transeúnte reflexiona e potencia a relación das novas xeracións coa tradición neste mundo tecnolóxico e globalizado onde aínda habitan os nosos instintos. Unha viaxe que honra o pasado, vive o presente e busca e abraza o futuro.
Espectáculo coproducido polo Centro Coreográfico Galego
Co patrocinio do Concello do Porriño e a colaboración do Centro Coreográfico Canal de Madrid e A Casa Vella de Allariz
- Todos os públicos
- Danza
- 50 minutos
- Dirección e coreografía Daniel Rodríguez
-
Intérpretes
Arnau Pérez
Laura García
Andrea Pérez
Daniel Rodríguez
Artur Puga
Aida Tarrío -
Música en directo
Aida Tarrío
Artur Puga
- Acompañamento artístico Arnau Pérez
-
Produción musical
Javier Carreño
Acacia Ojea
Berto
- Iluminación Mauricio Pérez Fayos
- Son Alfonso Esky
- Vestiario Sheila Pérez
- Texto Sara Faro
A compañía
Daniel Rodríguez é un bailarín e creador galego graduado polo Conservatorio Superior de Danza María de Ávila de Madrid. Actualmente, forma parte da Cía. Daniel Abreu na súa obra Dalet (Da) e é cocreador de Colectivo Banquet. Co seu primeiro traballo, A raíz de, recibiu o premio SóLODOS en Danza Ourense 2022, o Premio Xove do público novo, e foi nomeada mellor peza de rúa no Festival Internacional AR.CA 2023. Ademais, realiza proxectos como director artístico e coreógrafo de espectáculos e videoclips de artistas como Mondra (premio Mestre Mateo ao mellor videoclip 2025), Fillas de Cassandra ou Tanxugueiras.