Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Reconversión

Ibuprofeno Teatro

Diego Seixo
Auditorio ABANCA

Espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.

Entre o íntimo e o político, a montaxe é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión naval na ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.

Unha viaxe desde a posguerra ata o felipismo dos 80, pasando polo auxe da siderurxia e a evolución desde unha sociedade rural a unha capitalista.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

Co apoio do Teatro Rosalía Castro da Coruña, MIT de Ribadavia, Padroado da Cultura-Concello de Narón, Teatro Principal de Ourense e os concellos de Catoira, Vigo, Moaña, Carballo, Vilagarcía de Arousa, Ames, Oleiros, Pontevedra, Cangas, Lugo e Vimianzo

  • Adulto
  • Teatro
  • 105 minutos
  • Texto e dirección Santiago Cortegoso
  • Elenco Artur Abad
    Cristina Collazo
    Santiago Cortegoso
    César Goldi
    Celia González
    Davide González
    Fran Lareu
    Nani Matos
  • Escenografía Pablo Giráldez "O Pastor"
  • Codirección e iluminación Carlos Álvarez-Ossorio
  • Deseño de son e dirección musical Alonso Caxade
  • Vestiario Marián Bañobre
  • Xastrería Bety Busto
  • Caracterización Baia Fernández
  • Movemento escénico Armando Martén
  • Imaxe e fotografía Diego Seixo
  • Asistencia de dirección Natalia Feijoo
  • Técnica en xira Héctor Pazos
    Laura Triñanes
  • Produción e comunicación Fátima R. Varela
  • Distribución Ibuprofeno Teatro S.L.

A compañía

En 2010 Marián Bañobre e Santiago Cortegoso fundamos Ibuprofeno Teatro co obxectivo de contar cunha estrutura de creación propia para emprender proxectos teatrais dun xeito independente. Xeramos espectáculos a partir de textos escritos previamente ou integrando a dramaturxia e a posta en escena nos procesos de creación. Gústanos coidar a dimensión plástica dos traballos, experimentando en cada proposta, para falar de temas que afectan ao ser humano contemporáneo, a través de personaxes que buscan a súa identidade individual nun contexto social globalizado e complexo que non conseguen controlar e que os leva a situacións absurdas e cargadas dun humor acedo e sarcástico.

Contratación