Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Ceibe

Fran Sieira, compañía de danza

Aigi Boga
Teatro Principal

Ceibe afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición e nas súas formas de operar nos diferentes ámbitos cotiáns, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos, impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes e, desde aí, formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

Co apoio da Deputación da Coruña, Concello de Ribeira, Concello de Ames, Concello de Cangas, Cidade da Cultura de Galicia, A Casa Vella, Codisoil S.A. e Bodegas Paco e Lola

  • A partir de 12 anos
  • Danza
  • 55 minutos
  • Autoría Francisco Sieira González
  • Dirección Francisco Sieira González e Sergio R. Suárez
  • Escenografía Laura R. Iturralde
  • Iluminación Fidel Vázquez
  • Son Isaac Millán
  • Vestiario Érica Oubiña
  • Música MounQup (Camille Hedouin)
  • Elenco Cristina Canosa, Aida Tarrío, Adela Otero, Artur Puga, Martín Mondragón, André Adrio, Patricia Sánchez, Adrao Casal e María Montero.

A compañía

Fran Sieira, compañía de danza, creada no ano 2017, fundamenta o seu traballo nunha revisión do folclore galego dende un marco contemporáneo. A compañía estuda o movemento a través do baile tradicional galego e utilízao como o seu principal mecanismo de expresión, creando unha linguaxe do movemento de vangarda como reflexo da nosa tradición.

A través da creación colectiva achega proxectos artísticos con vocación social e con moi boa acollida entre o público. Desde as marxes, a compañía crea espectáculos que teñen a vontade de xerar conciencia social e devolverlle á sociedade aquilo no que se inspirou.

Contratación

Emi Candal-Urdime
619 920 335
distribucion@urdime.net
www.urdime.gal