Backstage
NegroLópez

Un músico está a piques de dar un concerto en solitario. Antes de que chegue o público, prepárase entre bambolinas. Inmediatamente comezan os problemas: non atopa as cousas, perde as partituras, ponse nervioso... E todo porque o rexedor do teatro é todo un... pallaso. Durante o transcurso da peza, a través do humor físico, a música e o xogo constante co espectador, veremos a parte máis divertida do que sucede antes de saír a escena. Porque, ás veces, o mellor dos espectáculos ocorre tras o pano.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
Colaboran Limiar Teatro, SVCD Nautilius, Nononon.Lab e Triton Guitars
- Familiar e infantil, a partir de 6 anos
- Clown
- 50 minutos
- Autoría Iván Davila
- Dirección Chiqui Pereira
- Escenografía e iluminación José Faro "Coti"
- Música e espazo sonoro Brais Iriarte
- Deseño do cartel Lucía Sánchez
-
Elenco
Iván Davila
Brais Iriarte
A compañía
NegroLópez é unha compañía formada por Iván Davila (actor e clown) e Brais Iriarte (actor e músico).
Poñendo en común as nosas inquedanzas, buscamos unha linguaxe que fale da nosa realidade social e cultural. Utilizamos o humor como medio de expresión, tendo sempre en conta o público ao que nos diriximos.
Comezamos a nosa andaina dispostos a dalo todo por sorprender e entreter, valéndonos da crítica social e do humor absurdo, ferramentas indispensables para espertar conciencias e rirnos das nosas miserias.