Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Cicatriz

Kirenia Danza

Global Blue
Igrexa da Universidade

Cicatriz é unha peza de danza contemporánea que lle pon corpo ao poema homónimo do icónico Antón Reixa, baixo a coreografía e dirección de Kirenia M. Acosta. Trescentos versos que comezan pola palabra "quero" que expresan o desexo e, se cadra tamén, o desexo do desexo como motor dinámico da vida. En escena, dous corpos suturados: o do referencial artista galego, que se inicia na danza aos 67 anos tras un accidente que o deixou en coma, e o dunha coreógrafa de orixe cubana cunha traxectoria atravesada por lesións e resistencia. A súa complicidade visibiliza o anti-idadismo e a inclusión. Un coloquio final convida o público a un ti a ti con estas vidas cheas de suturas.

Espectáculo coproducido polo Centro Coreográfico Galego

  • Adulto
  • Danza inclusiva
  • 50 minutos
  • Autoría Kirenia M. Acosta
    Antón Reixa
  • Dirección Kirenia M. Acosta
  • Elenco Kirenia M. Acosta
    Antón Reixa
  • Escenografía Suso Mareque
  • Iluminación Daniel Rodríguez
    Violeta Martínez
  • Son Bruno Vaw
    Marcos Payno
  • Música Bruno Vaw
    Alejandro Sande
  • Texto Antón Reixa
  • Voces Antela Cid
    Uxío Novo
  • Fotografía e vídeo Global Blue
  • Produción Uxío Novo
    Fany Vázquez

A compañía

Kirenia Danza é unha compañía galega de danza contemporánea creada en 2019 por Kirenia M. Acosta, coreógrafa, bailarina e actriz. Codirixiu desde 2006 a Compañía Entremans, da man de Artestudio. Especializada na creación escénica contemporánea, concibe, dirixe, produce e distribúe proxectos artísticos onde se exploran novas formas de expresión vinculadas ao movemento e á palabra. Combina a produción de pezas propias con encargos coreográficos, colaboracións teatrais e literarias, así como proxectos formativos e de cooperación europea. Entre as súas creacións máis recentes destacan Instante gradual, Emigrantas, Primeiro a vida!, Tres tristes 2.0, Otero, a bailarina española e Afectos.

Contratación

Fany Vázquez-Artestudio
Distribución en Galicia
630 867 712
produccion@artestudioxestioncultural.com
www.kireniadanza.gal
Carlos M. Carbonell-CRÉMILO
Distribución fóra de Galicia
678 460 559
cnell@crmcarboemilo.es