Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Aurora Boreal

Paula Quintas Cía.

Miramemira
Salón Teatro

Aurora Boreal, unha peza de danza contemporánea que convida á contemplación e á reflexión sobre a fugacidade da vida e a súa conxelación fronte a unha sociedade de consumo fugaz. Partindo dunha estética nórdica e unha forte inspiración nas luminosidades fugaces das xeografías do norte, Aurora Boreal explora tamén a velocidade e a serenidade do efémero. Aurora Boreal non só é unha obra de danza contemporánea, senón un convite a experimentar a beleza do tránsito da vida e da natureza. Un espazo para a reflexión, a paciencia e a admiración.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

  • A partir de 12 anos
  • Danza contemporánea para sala
  • 50 minutos
  • Autoría Paula Quintas
  • Dirección Rut Balbís
  • Elenco Paula Quintas
  • Escenografía Octavio Mas
    Xacobo Castro
  • Iluminación Octavio Mas
  • Vestiario Jandro Villa
  • Música Macarena Montesinos
    Nacho Muñoz
  • Asesoría de movemento Tanit Cobas
  • Composición audiovisual Carla Andrade
  • Foto Alberte Peiteavel
    Miramemira
  • Asesoría artística Manu Lago
  • Deseño gráfico Eva Díaz
  • Son Macarena Montesinos
    Nacho Muñoz

A compañía

Paula Quintas Cía. é unha compañía cunha traxectoria de dez anos producindo espectáculos de formatos e disciplinas diversas. Hibridar danza e circo é a súa marca. O seu traballo destaca polo diálogo entre o corpo e o movemento, xerando un compoñente visual e experimental a través de códigos contemporáneos. Os seus últimos espectáculos como creadora son Aurora Boreal (2025), Multiperspectivas#3 (2021-2024), O salón dos pasos perdidos (2023), Nina Ninette (2021), SET (2020), Alma (non é hippie) (2019), Plastic (2018), Analepsis (2017) e Up2down (2015).

Contratación

Lilian Portela-Amarelo Distribución
610 106 808
lilian@amarelo.es
www.amarelo.es