Madame
CienfuegosDanza
Unha revisión da figura de Madame Warton e os seus espectáculos de tableaux vivants, representacións en vivo de cadros, esculturas, gravados… que cativaron o Londres de mediados do século XIX nunha proposta onde a figura feminina como empresaria, modelo, actriz e bailarina é central na peza.
Inspiradas na investigación realizada por Laura Monrós, as coreografías de Yoshua Cienfuegos devolven á contemporaneidade os corpos modelados dos tableaux de Warton, a partir dunha reflexión sobre conceptos como a voluptuosidade do corpo feminino, as restricións da feminidade na época vitoriana e figuras míticas da tradición occidental como Ariadna ou As tres Grazas.
Co financiamento do proxecto de investigación AICO/2021/225 da Generalitat Valenciana, coa colaboración de Centro Coreográfico Canal e do IVC-Generalitat Valenciana
- Todos os públicos
- Danza
- 47 minutos
- Autoría Yoshua Cienfuegos
- Dirección Yoshua Cienfuegos
- Iluminación Germán Gundín
- Vestiario Yoshua Cienfuegos e Carmen Soriano
- Música orixinal Giuliano Parisi
- Elenco Ariadna Llussà, Carmen Coy, Laura López, Alejandro García e Natalia Thaïs
A compañía
Creada en 1999 polo coreógrafo e director de escena Yoshua Cienfuegos, CienfuegosDanza desenvolveu un traballo rigoroso co que conseguiu importantes premios nacionais e internacionais, así como o recoñecemento da crítica e do público. A versatilidade nas propostas e formas de entender a danza xunto cun depurado estilo e estética de movemento son as súas características principais.
Tras 25 anos, a proxección nacional e internacional demostra a calidade das súas creacións, ademais da consolidación dun estilo e unha maneira de entender e achegar a danza ao gran público. A busca constante de fórmulas novas retroalimenta as súas propostas coreográficas e postas en escena, así como outros campos como a investigación, o ensino, a inserción profesional de novos valores…