Anöa Versión formato trío
Elvi Balboa
Anöa contémplase como un ritual que ten a vontade de mostrar a máscara que nos impoñemos, a vulnerabilidade de cinco corpos en movemento que anhelan chegar ao clímax. Un espectáculo de danza pensado como un acto de insistencia e resistencia, unha acumulación de enerxía sensual, movemento e voz para lograr unha liberación catártica.
Espectáculo coproducido polo Centro Coreográfico Galego
Compañía residente no Centro Coreográfico Canal. Co apoio de Nau Ivanow, Sala Apolo de Barcelona, Auditori de San Martí, L'Estruch-Fàbrica de creació de les arts en viu, Eva Gris Dansa e Trackdance
- Adulto
- Danza contemporánea
- 50 minutos
- Autoría Elvi Balboa
- Dirección Elvi Balboa
- Iluminación Andrés Galián
- Son Mourae
- Vestiario Elvi Balboa
- Música Mourae
- Elenco Marina Capel, Joel Pradas e Joan Aguilà
A compañía
A proposta artística de Elvi Balboa céntrase en servirlle de vehículo á mensaxe da súa propia experiencia a través do corpo e a de todos os corpos que desexan “ser vistos” como individuais, recoñecerse e ser recoñecidos máis alá da colectividade á que pertencen. É, pois, mediante a linguaxe da danza, como encontra a estratexia de darlle forma á necesidade de compartir, comprender e cuestionar o individuo e o mundo que habita.
O corpo dótanos dun sentido de pertenza, de inclusión e de migración. O corpo é algo que non eliximos e cuxo potencial comunicativo permite, mediante o proceso creativo, cuestionar e cuestionarme quen son.