Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Unha inimiga do pobo

Talía Teatro

Rubén Prieto
Salón Teatro

Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa. Embarazada de sete meses, afronta o seu novo estado coa ilusión posta nun novo proxecto profesional: o balneario que ela mesma deseñou e que se presenta como unha alternativa turística sostible e saudable para a súa vila. A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos vana colocar no punto de mira da veciñanza, que ve como se pon en risco a prosperidade da comunidade.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

  • Adulto
  • Teatro
  • 95 minutos
  • Autoría Henrik Ibsen
  • Dirección Tito Asorey
  • Dramaturxia Vanesa Sotelo
    Tito Asorey
  • Escenografía Dani Trillo
  • Iluminación Laura Iturralde
  • Espazo sonoro Manu Abraldes
  • Vestiario Martina Cambeiro
  • Fotografía e vídeo Rubén Prieto
  • Axudante de dirección Martina Cambeiro
  • Produción e distribución Auri Ferreiro
    Artur Trillo
  • Elenco Marta Lado
    Toño Casais
    Dani Trillo
    Rubén Prieto
    Marta Ríos
    María Ordóñez
    Diego Rey
    Artur Trillo
    Xurxo Barcala

A compañía

Talía Teatro formouse no ano 1988 como compañía de teatro afeccionado e deu o salto ao teatro profesional no ano 1996.

É unha compañía cunha traxectoria de máis de trinta anos que persegue a dignificación das artes escénicas como transmisoras dos nosos valores culturais. Conta cun equipo de traballo estable, dedicado á creación e distribución de espectáculos teatrais, á formación teatral e á produción de eventos culturais. Dispón dunha grande oferta de espectáculos de diferentes formatos e temáticas, e que atenden a distintos públicos. Espectáculos con selo propio, coidados artística e esteticamente e que definen un estilo e unha forma de facer teatro.

Contratación

Artur Trillo
630 877 153
info@taliateatro.gal
taliateatro.gal
Auri Ferreiro
981 943 242
info@taliateatro.gal
taliateatro.gal