O dragón de ouro
Sarabela Teatro
Sarabela Teatro presenta, por primeira vez en galego, O dragón de ouro, unha traxedia contemporánea performática con ton grotesco de Roland Schimmelpfenning, o autor alemán vivo máis representado a nivel internacional.
Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa. Un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña dun restaurante asiático de comida rápida. Non ten permiso de residencia nin atopa a súa irmá desaparecida.
O espectáculo aborda temas candentes no debate social como a inmigración ilegal e a prostitución forzada. Con humor fino e unindo fantasía e realidade. Unha posta en escena cun equipo xeneroso e entregado que dá o mellor de si para habitar un universo fascinante, único.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
- Todos os públicos
- Teatro
- 70 minutos
- Autoría Roland Schimmelpfenning
- Dirección Ánxeles Cuña Bóveda
- Adaptación Ánxeles Cuña Bóveda
- Tradución Catuxa Pato
- Escenografía Iris Blanco
- Iluminación Laura Iturralde
- Son Vadzim Yuknevich e Renata Codda Fons
- Vestiario Ruth Díaz Pereira
- Música Vadzim Yuknevich
- Dirección de movemento Rut Balbís
- Asesoramento textual María Peinado
- Elenco Fernando Dacosta, Fina Calleja, Fran Lareu, Sabela Gago e Fernando González
A compañía
Sarabela é unha compañía de creación escénica, formación teatral universitaria, produción e organización de festivais. Defende un teatro de repertorio, de acción, emoción, experiencia poética e comunitaria. Con máis de 60 premios no seu haber, nos seus máis de 40 anos de existencia, foi construíndo un equipo sólido con propostas artisticamente estimulantes, que van desde autores clásicos e contemporáneos ata adaptacións de autores que se achegan ás novas linguaxes escénicas e voces da dramaturxia. Teatro con selo propio, comprometido co tempo que lle toca vivir, en diálogo permanente coa comunidade.