Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Mosca

Ártika Cía.

Sr. Sagüillo
Teatro Principal

Mosca é un xogo de nenos, algo que se pode converter nun pesadelo. A obra narra a historia de Pedro, un neno de dez anos que sofre acoso escolar. Pedro vese reflectido nos ollos de súa nai, de seu pai e da súa profesora en calquera instante da peza.

Anguriante e intensa, Mosca somérxese na vida dun neno e no que el sente sufrindo bullying, pero tamén no temor, nos prexuízos e no non saber que facer e como pode solucionalo o contorno no que se desenvolve Pedro.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

  • Adulto
  • Teatro
  • 60 minutos
  • Autoría Gustavo del Río
  • Dirección Gustavo del Río
  • Adaptación Gustavo del Río
  • Escenografía Gustavo Brito
  • Iluminación Javier Quintana
  • Espazo sonoro Gustavo del Río
  • Vestiario Ártika Cía.
    Gustavo del Río
  • Elenco Fernanda Barrio Barcala
    Martín Maez
    Rocío Salgado

A compañía

Ártika Cía. é a compañía residente e xestora da Sala Ártika en Vigo, onde, a través do teatro, damos saída ás inquedanzas artísticas do equipo humano que a compón.

Dende o noso nacemento como compañía de teatro, levamos a cabo propostas escénicas comprometidas socialmente coa educación en valores e a cultura en galego. Queremos reivindicar o teatro como fonte de entretemento, producindo espectáculos enfocados a diferentes franxas de idade e que se caracterizan por unha posta en escena espectacular e emocional ao mesmo tempo.

Contratación