Insubmisa
Antagonista Teatro
Insubmisa é unha exploración e unha denuncia do máis insidioso mecanismo de control do patriarcado: a reescritura do relato.
No 431 a.C. Eurípides reformulou o mito clásico de Medea para compracer os nobres corintios, que desexaban limpar a imaxe da súa cidade. Dende entón coñecemos a Medea como a muller que matou os seus fillos por celos.
Pode ser libre unha muller se a súa historia a escriben os homes? Pode ser libre un individuo se debe responder ás expectativas alleas? Insubmisa pretende expoñer estas preguntas para confrontar o público coa posibilidade de que todos sexamos cómplices da manipulación individual e colectiva.
- Adulto
- Teatro
- 65 minutos
- Autoría Jose Vaquero
- Dirección Marta Alonso e Pepe Domínguez
- Escenografía Diego Valeiras
- Iluminación Diego Valeiras
- Vestiario Diego Valeiras
- Música Christian Casas
- Elenco Iria Sobrado, Jose Vaquero e Javier Octavio de Toledo
A compañía
Antagonista Teatro nace en 2016 na cidade de Ourense. Dende o inicio apostamos por un teatro contemporáneo que trate contidos de alcance universal partindo do particular. A performance, a danza e a música forman parte do noso código expresivo, co obxectivo de crear unha linguaxe propia e recoñecible ao servizo da nosa aposta polo valor social do teatro como punto de encontro e reflexión. Construímos pezas que removan e incomoden para completar coa mirada do público a nosa propia tese sobre a realidade.