A teteira de Kabul
Xarope Tulú
A teteira de Kabul é unha obra de teatro de obxectos e monicreques de Xarope Tulú que fala do valor da paz. A súa protagonista é Mina, unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Xunto á súa familia emprende unha longa viaxe na que, a pesar das duras condicións, irá descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira.
A teteira de Kabul está baseada no conto homónimo de Carolina Pujadas e é unha coprodución de Xarope Tulú coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz. A personaxe de Mina está inspirada na vida da escritora afgá Nadia Ghulam.
Co financiamento de Cooperación Galega, Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Xunta de Galicia
- A partir de 6 anos
- Teatro de obxectos e monicreques
- 45 minutos
- Autoría Nicolás Zamorano e Atenea García
- Dirección Nicolás Zamorano e Atenea García
- Adaptación Atenea García
- Escenografía Nicolás Zamorano
- Iluminación Nicolás Zamorano
- Son Nicolás Zamorano
- Vestiario Núria Manzano
- Música Nicolás Zamorano
- Vídeo e fotografía Carlota Mosquera
- Asistencia de dirección e animación de monicreques Alba de Vales
- Agradecementos Tanxarina
- Elenco Atenea García e Xosé Manuel Esperante
A compañía
Xarope Tulú é unha compañía de teatro fundada en 2015 por Atenea García e Nicolás Zamorano e dedicada ás artes escénicas para a infancia. A compañía parte da idea de que a experiencia escénica permite medrar dun xeito libre e creativo, favorecer o descubrimento doutros mundos posibles e promover a reflexión. Á hora de crear e compoñer os seus espectáculos, Xarope Tulú busca achegar diferentes linguaxes escénicas: o teatro de obxectos, a música, a interpretación teatral e a narración oral, entre outras, procurando non aferrarse a un único estilo interpretativo.
A teteira de Kabul, Lingoreteira e Roupa tendida son os espectáculos para público familiar máis recentes.