3240
DeuVe

Esta obra de teatro xurdiu da paixón polo músico Nick Cave. 3240 pode ser o título dunha película de Wong Kar-Wai, a matrícula dun coche ou o contrasinal dunha caixa forte, pero, en realidade, é o prezo do amor. O amor por un mito. Que pasaría se a persoa á que sempre admiraches se puxese en contacto contigo? Que farías por coñecela? Canto custa un litro de endorfinas?
Unha historia baseada en feitos reais sobre relacións en liña, mitomanía e estafas. Un relato gótico e romántico para falar en clave de humor da tecnoloxía, do catfishing e todos os ING aos que a protagonista lles debe cartos por culpa da necesidade de sentirse amada. Axudaralle esta peza a recuperarse? Axúdala ti?
- Adulto
- Teatro contemporáneo, musical, danza, traxicomedia
- 70 minutos
- Autoría Déborah Vukušić
- Dirección Cristina Moreira
- Escenografía visual José Ramón Bas
- Iluminación Javier Quintana
- Son Jesús Andrés Tejada
- Vestiario Jandro Villa
-
Colaboracións especiais
Antea Rodríguez
Monti Castiñeiras
Marielvy Martínez
Cecilia Vázquez
Humy Donado
Tito Asorey (como Nick Cave) - Asesoramento coreográfico Marta Alonso Tejada
- Produción Grial Montes
- Distribución Artyc Content
- Elenco Déborah Vukušić
A compañía
DeuVe naceu en 2019 coa peza Guerra de Identidade, adaptación do poemario homónimo, que se converteu nun monólogo baseado na propia historia da autora e intérprete, filla dun criminal de guerra que buscaba a verdade e o amor de seu pai.
3240 é o segundo proxecto da compañía, máis ambicioso, pero igualmente emocionante, sobre os amores nas redes, as estafas e a mitomanía, cheo de rock and roll e poesía.