Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Boas prácticas na distribución de espectáculos

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Existe un diálogo fluído e constante entre os creadores e creadoras e as persoas encargadas da programación? Son as distribuidoras un nexo real entre a creación e a exhibición? Está a programación de espazos escénicos en sintonía co traballo das compañías? Existe unha conexión efectiva entre a creación, os axentes mediadores e o público? A distribución de espectáculos familiares atópase nun momento diferente respecto á dos dirixidos ao público adulto?

Estas e outras cuestións serán o eixe dun encontro que busca mellorar a calidade, eficacia e coherencia da distribución escénica no noso territorio, reflexionando sobre o papel que esta xoga nas redes de programación e circuítos de Galicia. Analizar modelos de referencia axudaranos a identificar e valorar aquelas prácticas consideradas como exemplos de bo facer neste ámbito.