Ir ao contido da páxina
  1. A Feira

Información xeral

Prazo de inscrición

A inscrición para a asistencia a GEP debe realizarse a través da área profesional ata o 7 de maio ás 15.00 h

Poden inscribirse

  • Responsables de programación, en activo, de espazos escénicos públicos e privados.
  • Responsables de festivais e feiras de artes escénicas.
  • Empresas distribuidoras.
  • Compañías.
  • Medios de comunicación relacionados coas artes escénicas.

Condicións

  • Só se acreditará unha persoa por entidade.
  • No caso das persoas responsables de programación, feiras e festivais de artes escénicas, a organización garante unha acreditación con dereito a unha entrada para cada espectáculo e aloxamento en cuarto compartido durante os catro días de Feira.
  • No caso das empresas distribuidoras e compañías, garántese unha acreditación con dereito a unha entrada por cada espectáculo e a posibilidade de participar nos encontros profesionais que se celebren na Feira.