Información xeral
Presentación de espectáculos
As compañías galegas poderán presentar as súas propostas en formato completo ou formato pitching do 1 ao 14 de marzo a través da área profesional desta web.
Formato completo
Espectáculos estreados entre o 1 de xuño de 2023 e o 26 de maio de 2024. Poderanse presentar, así mesmo, espectáculos para a súa estrea en GEP. A organización asume o 40 % do caché (sen necesidades técnicas) que figura na oferta da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Formato pitching
Proxectos de espectáculos pendentes de estrea. Durante 6 minutos, a compañía poderá dar a coñecer a súa proposta. Neste formato, a organización non asume ningunha remuneración económica.
Comisión de selección
Presidenta:
Teresa Espejo, xestora cultural
Vogais:
Manuel Freire, xestor cultural
Juan Rodríguez, en representación de Escena Galega
Afonso Becerra, docente da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Secretaria:
Cecilia Carballido