Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Todas temos a mesma historia

LaGriot'te

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Por primeira vez en Galicia preséntanse estes tres monólogos de Darío Fo ligados nunha mesma obra, onde se amosan distintos tipos de violencia que sofre unha muller en tres momentos da súa vida. Pero como toda obra de Fo, non perde a ironía e comicidade, pese a falar de temas tan espiñosos.

A través desta peza, non só queremos aportar a mirada orixinal de Darío Fo e o traballo imaxinativo de LaGriot’te na representación, senón ampliar o proxecto con outras actividades derivadas da función coas que traballar e así espallar unha serie de ferramentas teatrais sobre o tema. Un traballo coidado, visual e traxicómico co que ollar a nosa actualidade.

Contacto