O espírito de Vania
Machi Salgado
Unha posta en escena íntima e minimalista, un único actor fai todos os personaxes, guiado pola necesidade profunda de habitar cada unha das súas feridas. O tío Vania e a súa sobriña Sonia loitan por manter a herdade familiar, mentres os soños se esvaen e o amor non correspondido pesa coma unha carga. A chegada do profesor e da súa nova esposa remexe o equilibrio fráxil da casa.
O espírito de Vania non é só unha obra, é un acto de resistencia persoal, unha tentativa de atopar sentido, beleza e humor na desesperanza compartida.