Ir ao contido da páxina
  1. Programación

O arcón de Noa

Amarelo Cía.

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Noa é unha nena que vive con súa nai nunha casa apartada e non ten con quen xogar. No seu arcón garda os xoguetes que xa non a entreteñen. Un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra no mundo máxico que habita no arcón, onde os xoguetes cobran vida e un ser misterioso goberna sobre eles.

A través da linguaxe da danza contemporánea, a utilización de obxectos e a interacción co dispositivo escénico, o espectáculo mostra múltiples situacións e personaxes guiadas por unha narración clásica de conto de maxia e fantasía, estimulando a imaxinación das nenas e nenos ao tempo que trata valores sociais como a empatía, a cooperación e o respecto á diversidade.

Contacto

Lilian Portela-Amarelo Distribución
610 106 808
lilian@amarelo.es
www.amarelo.es