Ninguén tira fotos nos enterros
Carlota e Compañía
Como fai unha familia para celebrar, a un tempo, unha voda e un enterro?
Ninguén tira fotos nos enterros é unha autoficción participativa que rescata un recordo íntimo e familiar, poñéndoo ao servizo da maxia do momento e coa fotografía analóxica como aliada. É o primeiro proxecto en solitario de Carlota Mosquera, que recibiu o premio á mellor interpretación no M2 do Fiot de Carballo 2023 e foi a obra gañadora do Pezas dun Teatro do Porvir da AELG.
A obra estrearase en 2026 no Teatro Rosalía Castro da Coruña. No camiño á estrea acompañarán no proxecto Atenea García, Marta Alonso (acompañamento en dirección e dramaturxia), Ángel Sousa (iluminación) e Neme (vestiario).