Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Monte

Laboratorio Escénico

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Laboratorio Escénico é unha compañía que crea espectáculos multidisciplinarios ao servizo de temáticas sociais en diferentes formatos para poder chegar a todos os espazos e públicos.

Seguindo a liña musical iniciada con Blues de medianoite, Laboratorio Escénico crea Monte, un novo espectáculo para chegar a todos os públicos, dende o diálogo entre a danza, o teatro e a música. É un achegamento aos puntos en común que temos entre Galicia e Cuba dende a visión dunha muller que ben puido vivir a emigración de ida e volta, forte e sabia, que coñece todos os segredos do monte. Coñece todas as herbas, as lendas e as beberaxes, e mantén unha forte conexión coa terra, os tambores, a voz e a clave.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto