Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Galerock 'N' Magic

Mago Teto

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Como se podía continuar un espectáculo tan intenso, divertido e sorprendente como Rock 'N' Magic? Non se pode. Só podemos mellorar isto dun xeito, facendo un novo volume coas nosas músicas, co rock e a música galega que marcaron e marcan as nosas vidas. Galerock 'N' Magic é un percorrido desde o rock do Xabarín Club, que marcou unha xeración, ata os grupos musicais actuais que están poñendo de novo a música galega no máis alto. Moita música en directo, pero tamén moito humor e moita maxia nun espectáculo nostálxico para unhas persoas, divulgador para outras e fascinante para todas.

Contacto

Héctor Guerra
607 384 027
maxia@magoteto.com
www.magoteto.com