Un deus salvaxe
Talía Teatro
Despois de Unha inimiga do pobo afrontamos un novo espectáculo de gran formato. En escena, Marta Lado, Toño Casais, María Ordóñez e Dani Trillo, baixo a dirección de Artur Trillo e cun texto de Yasmina Reza. Unha comedia negra que explora temas como a hipocrisía, a intolerancia e a soberbia na sociedade.
Dous nenos duns once anos enfróntanse con violencia nun parque. Os pais da “vítima” convidan á súa casa os pais do “agresor” para resolver o conflito. O que comeza sendo un diálogo, con bromas e frases cordiais, adquire unha tintura máis violenta a medida que os pais van revelando as súas ridículas contradicións e grotescos prexuízos sociais.