Nanai da China
Pérez&Fernández
Nanai da China é un espectáculo de teatro onde os monicreques, os obxectos e os actores se fusionan para representar un orixinal relato de aventuras, sabedoría e humor destinado a un público familiar.
Nanai da China é unha nena que naceu unha noite sen lúa. Os seus veciños rexéitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir "non!" e axudarlle a seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do Yangtsé, en compañía de Chispúm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente, Nanai e seu avó elaboran un plan que... non sae todo o tempo tan ben como debería.
Contacto
Victoria Pérez
657 363 735
cia.perezyfernandez@gmail.com
www.perezyfernandez.com Emi Candal
619 920 335
emicandal@urdime.net
657 363 735
cia.perezyfernandez@gmail.com
www.perezyfernandez.com Emi Candal
619 920 335
emicandal@urdime.net