Triscos de maxia
Magia en la Manga
Triscos de maxia, da compañía Magia en la Manga, é unha proposta de maxia de cerca, rotativa, para espazos non convencionais. Tres grupos reducidos de espectadores rotan entre tres espazos separados e diferenciados para ver tres microsesións de maxia, cada unha a cargo dun ilusionista diferente. As tres experiencias, aparentemente illadas e integradas en cada espazo, culminan nunha revelación imposible común a todo o público e nunha experiencia innovadora que procura enxalzar a maxia de cerca como a máis persoal e vangardista.