Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Monstros

Producións Teatrais Excéntricas

Centro Obra Social ABANCA

Monstros é un espectaculo orientado a un público escolar e familiar cun elenco de primeira: Patricia Vázquez, Rocío González e Víctor Mosqueira, e coa música en directo de Piti Sanz. Este elenco desenvolverá as moitas historias que exploran os nosos medos, utilizando a técnica do clown. A vella arte dos pallasos, que parodia sen maldade, critica sen intención e que nos reconcilia coa nosa alma infantil. Un espazo escénico case nu e a música en directo axudarán a levarnos de paseo polos ambientes máis sinistros.

Quen son as autoras desta farsesca viaxe ao planeta do medo? María Lado e Lucía Aldao. Quen dirixe este festival do humor e do terror? Marcos Orsi.

Estrea: 24 de febreiro de 2024, Fórum Metropolitano da Coruña

Contacto