Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Transeúnte

Daniel Rodríguez

Daniel Rodríguez, creador e intérprete de danza, presenta Transeúnte, un espectáculo no que dialogan a música, o canto e a danza tradicional coa danza contemporánea e os seus contextos. A súa estrea está prevista a principios de 2025.

Despois do éxito de A raíz de, peza curta para rúa, e o seu traballo como director artístico e de movemento para Mondra e Fillas de Cassandra, Daniel Rodríguez recibe a residencia de investigación en Teatros del Canal, Madrid, para a creación do seu primeiro espectáculo para sala que xunta seis intérpretes en escena con música en directo de Aida Tarrío e Artur Puga.

Contacto

Lilian Portela-AMARELO Distribución
610 106 808
lilian@amarelo.es