Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Sobre o extravío ou a arte de perderse

Furia Sotelo

Un solo de danza sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve, pero está, sobre o esquecemento necesario e a arte de perder. Ou de perderse.

Dirixida por Ana Vallés e interpretada por Nuria Sotelo, esta colaboración é parte dun percorrido profesional compartido desde 2009. Para o espazo sonoro contarase co traballo de Camille Hedouin (Mounqup) e no deseño de iluminación estará Laura Iturralde. Estrearase en Galicia na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas o 28 de xuño de 2024, baixo a cobertura da compañía Furia Sotelo, os centros de creación A Casa Vella, en Galicia, e L'animal a l'esquena, en Cataluña, e o acompañamento de Amarelo Distribución.

Contacto

Nuria Sotelo
657 278 320
furiasotelocia@gmail.com