Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Reconversión

Ibuprofeno Teatro

Gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.

Entre o íntimo e o político, o proxecto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión naval na ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas dos anos 70 e 80.

Unha viaxe desde a posguerra ata o felipismo, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a outro capitalista.

Contacto