Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Heroes en decembro

Ancoraxe e Vórtice Escénico

Heroes en decembro é unha peza coral na que catro persoas se atopan para construír un relato común. Como sobrevivimos á nosa propia vida? Berta, escritora, afunde un coitelo no ventre. Agnes, sobrevivente do 11M, precipita a súa cadeira de rodas escaleiras abaixo. Xián, covarde, estando no bordo da ponte, non salta. Mar, traballadora social, vive a través das vidas dos demais.

O encontro no programa de repoboación rural Revivir, lonxe de axudarlles ás participantes, afúndeas nunha indiferenza pouco propicia para recuperar as ganas de vivir. O suicidio de Khalid, a rebelión de Berta e a chegada de Mar, que busca gravar un documental, poñen en cuestión os piares sobre os que se sustenta todo.