Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Cortello de amor

Amorodio Teatro

Jack e Rose son unha parella de mozos que unha noite decide durmir no faiado para deixarlle o seu apartamento ao seu grupo de música favorito. A súa paixón reavívase nese pequeno espazo e teñen a idea de sacar un extra alugando o apartamento a turistas mentres eles pasan as noites no seu niño de amor. Cando as cousas comezan a complicarse dun modo insospeitado, con tramas de espionaxe, especulación inmobiliaria, unha veciña lercha, un sedutor italiano e natación con porcos, terán que preguntarse se acaso o seu niño non será un cortello, e todo o que fixeron, unha merda.

Cortello de amor é unha comedia física e de enredo, dirixida por Marián Bañobre, escrita por Laura Porto e coa banda sonora orixinal de Grande Amore.

Contacto