Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Collige virgo rosas

SÖA

O tempo que escapa e a infancia que deixamos atrás. Que sucede cando o noso neno interior permanece connosco e en que medida o controlamos? Podemos ser nenos para sempre? Cando deixamos de selo?

Unha obra sobre o xogo no seu estado de máxima pureza e sobre o adulto que esquece que noutrora tamén xogou. A través da comedia, o clown e a danza realizaremos unha viaxe en busca do noso verdadeiro eu, o neno que levamos dentro. Unha tregua á rapidez e un desfrute da xuventude. Quero ser novo para sempre. Quero ser eterno para sempre. Quero parar o tempo.