As terras do mar
DESFOGA
As terras do mar, un proxecto dirixido a poboacións costeiras ameazadas pola subida do nivel do mar, busca concienciar sobre a vulnerabilidade das comunidades costeiras que dependen do mar para sobrevivir. A través da acción colectiva abordamos a crise climática dende unha perspectiva legal. A performance é en si mesma o simulacro dun xuízo, onde se exploran os límites dos dereitos cidadáns nun hipotético futuro onde os participantes esixen compensacións pola perda de patrimonio baixo o nivel do mar.
A estrea será en novembro durante a bienal de arte contemporánea Manisfesta, en Barcelona.