Anöa
Elvi Balboa
Aquilo íntimo que é público.
Anöa é un proxecto multidisciplinario que provoca o encontro entre a instalación e a danza e que quere explicar poeticamente as novas relacións do corpo do individuo coa súa intimidade e o resto do mundo. Esvaecer os límites, para que o doméstico quede exposto, axúdanos a valorar o vulnerable.
O proxecto preséntase como un escaparate onde experimentar a distorsión da vida íntima. Os nosos inquilinos serán un reflexo alterado da realidade. Viven o aquí e o agora do espazo físico que ocuparán, pero, á vez, tamén habitarán outros espazos non físicos, como redes sociais e pantallas.