Ir ao contido da páxina
  1. Programación

AI! Perfecto

Compañía Humana

AI! Perfecto pon no escenario unha muller duns 70 anos dialogando cun robot asistencial gobernado por intelixencia artificial. É unha comedia, con momentos intensos, sobre como afronta a nosa sociedade a vellez. Que facemos cos nosos maiores? Por que cada vez viven máis persoas soas nesa etapa da vida sen querer facelo? É a tecnoloxía unha posible solución ou é unha barreira que agocha a hipocrisía moral da sociedade actual?

O texto, escrito pola Compañía Humana, aborda dende o humor o problema, cada vez maior, do envellecemento da poboación. Cal será o papel, nun futuro non moi lonxe, da intelixencia artificial nas nosas vidas? Chega para axudarnos ou para deshumanizarnos?

Contacto

Fran Peleteiro
610 975 158
companiahumana@gmail.com
www.compañiahumana.com
Antela Cid
679 796 069
antelacid@gmail.com