Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Glamping

SU.MA

Damián Varela Pastrana
Praza da Quintana

Tres amigos, tres personalidades, tres caracteres moi distintos, emprenden a aventura de pasar unhas vacacións xuntos. Pero a convivencia non sempre é cousa fácil e os conflitos toman parte na escena cotiá dos campistas. Superarán os nosos personaxes o reto de compartir un espazo común con elegancia?

Glamping é un espectáculo sobre as relacións humanas, onde calquera poderiamos ser ese personaxe en tensión que busca a mellor maneira de resolver a situación. Teatro xestual, música, acrobacia aérea, danza e swing en clave de clown.

  • Familiar, todos os públicos
  • Circo, teatro físico, danza, música
  • 50 minutos
  • Autoría Sue Moreno, Mark Torrecillas e María Move
  • Dirección Gonçalo Guerreiro
  • Escenografía Mark Torrecillas, Sue Moreno e María Move
  • Son Raul Grillo e María Move
  • Vestiario Mark Torrecillas, Sue Moreno e María Move
  • Música Banda sonora orixinal: Raúl Grillo. Voz: María Move
  • Elenco Sue Moreno, Mark Torrecillas e María Move

A compañía

SU.MA é unha compañía de teatro xestual, circo, danza e música integrada por Sue Moreno, Mark Torrecillas e María Move. Presenta o seu primeiro espectáculo, Ikigai, en 2020, e unha segunda produción, Glamping, en 2022, ambos dirixidos por Gonçalo Guerreiro e con Raúl Grillo na creación e produción musical. Unha estética delicada e colorista, acrobacia aérea, música en directo, banda sonora orixinal e teatro físico en clave de clown son as bases de SU.MA circodanza.

Contratación

Erika Pereiro Silvosa
981 582 836
info@culturactiva.org
www.culturactiva.org