Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Frío

A Feroz

Alberto Suárez
Auditorio ABANCA

Vidas leves, traxectos esvaídos que se entrecruzan a diario na neve efémera dunha cidade borrosa. Quen sabe exactamente o que vai facer cada día durante o resto da súa vida non abeira grandes temores nin demasiadas ilusións.

Akaki podería xurar que o seu porvir está escrito en liñas rectas con tinta esluída. El déixase ir nos riscos seguros e firmes da súa rutina que o protexe dos grandes males e das alegrías inesperadas. Pero a súa existencia ordenada e frugal vese alterada cando unha necesidade material inevitable interfire nela. Co fin de cubrila, traballará máis aló da extenuación. Será capaz de logralo? Conseguirá librarse do cruel frío de San Petersburgo?

Verkami de apoio á produción do espectáculo

  • Adulto
  • Teatro físico de máscara
  • 85 minutos
  • Idea, dramaturxia, deseño e dirección Lorena Conde
  • Músico en escena Guillermo Alzugaray
  • Composición musical e espazo sonoro Guillermo Alzugaray
  • Espazo escénico A Feroz e Roberto Rama
  • Iluminación e son Raúl Giraldo
  • Vestiario A Feroz
  • Máscaras A Maranha
  • Fotografía Alberto Suárez
  • Produción A Feroz
  • Elenco Inés Salvado Gontad, Lolo Castro, Gustavo Freire, Bea Romero e Sergio Piñeiro

A compañía

"As feroces" somos un grupo heteroxéneo reunido na volta do desexo de encarnar as nosas preocupacións e obsesións máis íntimas no espazo sacro da escena. Falamos das nosas cousas porque estamos convencidas de que o íntimo é universal e o persoal é político. Loitamos na vida e no escenario e non sabemos moi ben, nin nos interesa, onde acaba unha e comeza o outro.

Contratación

Lilian Portela-AMARELO Distribución
610 106 808
lilian@amarelo.es
www.amarelo.es