Todo lo posible
Nueveuno circo

Todo lo posible é un espectáculo de circo contemporáneo que fala da nosa relación co éxito, a necesidade de aprobación, as envexas, o amor e os aplausos. Un espectáculo que aborda o concepto social do éxito e o impacto que ten en nós como artistas, a través dos malabares, a maxia escénica, a música en directo, o son, o texto, a iluminación, as vídeo-proxeccións e as nosas experiencias reais como compañía de circo.
É unha loucura querer gustar a todo o mundo? É un límite? Un motor? Que é o éxito para ti?
Premio Talía 2025 ao mellor espectáculo de circo, outorgado pola Academia de las Artes Escénicas de España.
- Todos os públicos, a partir de 6 anos
- Circo contemporáneo
- 65 minutos
- Autoría Nueveuno circo
- Dirección Jorge Silvestre
-
Elenco
Jorge Silvestre
Nico Nale
Miguel Frutos
Fernando Santa-Olalla
-
Adaptación
Laura Presa
Fernando Gallego - Escenografía Vanessa Actif
- Iluminación Carlos Marcos
- Son Manu Solís
- Vestiario Vanessa Actif
- Música Vaz Oliver
A compañía
Fundamos a compañía de circo Nueveuno en 2014 en Madrid. Durante todos estes anos buscamos un código escénico propio, coa nosa orixe na manipulación de obxectos e os malabares, traballando con eles en combinación con outras técnicas como as acrobacias, a maxia escénica, as proxeccións ou o traballo con texto. Confiamos nas grandes proezas circenses, pensamos que unha das responsabilidades do circo é a capacidade de sorprender e entreter, a capacidade de mostrar algo nunca visto. Pero tamén necesitamos emocionarnos e comunicar desde a nosa linguaxe, non só xerando risas, gargalladas ou aplausos, senón tamén incidindo na tristeza, a melancolía ou a rabia. Queremos falar do mundo que nos rodea e afecta; queremos xerar reflexión e encontrar a nosa voz propia.
Contratación
698 147 660
maria@kandenguearts.com distribucion@kandenguearts.com
nueveunocirco.com/todoloposible/