Rogelio III. La fête
AsSircópatas

Rogelio III. La fête é a última entrega dunha triloxía, onde nos volvemos atopar con Rogelio, un entrañable personaxe de ficción.
Que pasaría se ninguén viñese ao teu aniversario? Se ninguén che cantase os parabéns para ti? Rogelio volve estar só e, desta vez, no seu día máis especial. Rogelio III. La fête é un espectáculo de risas para toda a familia no que o actor Dani Blanco dá continuidade á saga do pallaso Rogelio. Circo, clown, corda frouxa, malabares, música e, sobre todo, moito humor.
A peza é unha coprodución de AsSircópatas e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Foi un dos espectáculos finalistas a mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares 2025.
- Todos os públicos
- Circo e clown
- 50 minutos
- Autoría Dani Blanco
- Dirección Natalia Outeiro “Pajarito”
- Elenco Dani Blanco
- Escenografía AsSircópatas
- Son María Dobronich
- Vestiario María Dobronich
- Música Zé Pumar
A compañía
AsSircópatas leva desde o ano 2003 medrando sen présa pero sen pausa utilizando a rúa e o circo como ferramentas imprescindibles de traballo. O seu fundador, Dani Blanco, é pallaso, bufón, improvisador e narrador oral. A compañía atopa na rúa e no circo a fórmula para compartir un xeito particular de ver o mundo, a vida e os conflitos, desde unha perspectiva libre, real, absurda, intelixente, estúpida, reflexiva...
En 2024, AsSircópatas estreou As almofadas soñadoras, o seu primeiro espectáculo de teatro e monicreques.
Contratación
604 019 213
helena@urdime.net
urdime.gal Emi Candal-Urdime
619 920 335
emicandal@urdime.net