Ir ao contido da páxina
  1. Programación

O proceso

Malasombra

Teatro Principal

En 1880, o bispo de Ourense denuncia a Curros Enríquez por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado. A partir destes feitos históricos, Cándido Pazó constrúe unha peza teatral que, en ton de sainete cómico protagonizado por unha galería de personaxes populares do Ourense de finais do XIX, aborda con frescura e desenfado, pero con rigor e reflexión, a cuestión do hoxe en día chamado lawfare, así como outros temas (a lingua, a cultura, a identidade...) que seguen vixentes na actualidade.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

  • Adulto
  • Teatro
  • 75 minutos
  • Autoría Cándido Pazó
  • Dirección Cándido Pazó
  • Elenco Jouse García
    Marcos Orsi
    Paula Pier
    Xoque Carbajal
  • Escenografía Pablo Giráldez "O Pastor"
  • Iluminación Alfonso Castro
  • Vestiario Diego Valeiras
  • Música Guillerme Fernández

A compañía

Malasombra producións creouse en 2006 por Xoque Carbajal. Hoxe, case dúas décadas despois, afianzamos un proxecto empresarial que non só xera cultura e ilusión, senón tamén postos de traballo, converténdose nunha das empresas con máis distribución en Galicia.

Contratación