Bulebule
Os Náufragos Teatro

Bulebule é unha travesía cara á igualdade que busca poñer en valor outras formas de ser e estar no mundo. A través da historia de Candela, unha moza curiosa e enérxica, a peza aborda con tenrura a igualdade de xénero, a visibilización das mulleres pioneiras nos oficios do mar, o TDAH e o coidado do medio mariño.
Candela busca o seu lugar nun mundo que non sempre a entende. Acompañada por Bruno, que vive nun faro, fai que nos mergullemos nunha travesía que, entre redes, música e salitre, convida a reflexionar sobre a diversidade, os estereotipos e as barreiras invisibles que afectan ás mulleres que se afastan da “norma”.
- Familiar
- Teatro
- 40 minutos
- Autoría Gustavo del Río
- Dirección Gustavo del Río
-
Elenco
Irene Lorenzo
Jimmy Núñez
- Escenografía Claudia L. Franco
- Iluminación Daniel Pais
- Son Daniel Pais
- Vestiario Os Náufragos Teatro
- Música Daniel Valentín
- Asesoría dramática Verónica Rego
- Axudantía de dirección Rebeca Vecino
- Distribución en Galicia Urdime
A compañía
Os Náufragos Teatro é unha compañía cun amplo percorrido ás súas costas por escenarios de dentro e fóra de Galicia. Fortemente comprometida co teatro social, leva décadas dando visibilidade ás realidades dos colectivos máis vulnerables ou marxinais, abordando temáticas como a discriminación por razón da identidade sexual, a diversidade funcional, o acoso escolar ou a violencia intrafamilar.
Con Hugo, a compañía obtivo o premio María Casares 2022 ao mellor espectáculo infantil e o premio do público 2023 da Mostra de Teatro de Cariño, e foi a única compañía española seleccionada por ASSITEJ Internacional para o seu Congreso Mundial 2024.