As gardiás ou o nó do tecelán
Teatro de Ningures

O humilde piso de Rosa, nun edificio vello no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa, que está nunha cadeira de rodas, e as súas compañeiras Ana, Marga e Susana son operarias xubiladas da industria téxtil e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do envellecer ben. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a postura mellor.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
- Adulto
- Teatro
- 90 minutos
- Autoría Nasser Djemaï
- Dirección Cristina Domínguez
-
Elenco
Casilda Alfaro
Melania Cruz
Amparo Martínez
Rebeca Montero
Sonia Rúa
- Adaptación Vanesa Sotelo
- Tradución Henrique Harguindey
- Escenografía Carlos Alonso
-
Iluminación
Héctor Pazos
Salvador del Río - Son Héctor Pazos
- Vestiario Carlos Alonso
- Música Héctor Pazos
A compañía
Teatro de Ningures é unha compañía fortemente implicada co territorio, asentada nunha comarca densamente poboada, o Morrazo, e que sempre participou dos proxectos sociais e políticos da súa contorna. Activa á hora de realizar proxectos educativos, como na escola de teatro de Cangas, ou coa Universidade de Vigo; artísticos, con máis de 30 montaxes teatrais; festivais, como a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas ou as mostras univesitarias en Vigo e Pontevedra, que, dun xeito ou doutro, responden ás necesidades sociais e culturais da veciñanza.