La ratita presumida
Tropos, Teatro de Títeres

O amor non se pode escoller. Ás veces chega e despois marcha. Ás veces queda para sempre e ás veces non o encontras nunca. Outras, telo tan cerca que nin o ves.
A ratiña Martina e o rato Martín son bos amigos. Un día, Martina encontra unha moeda e decide comprar un lazo na mercería do seu amigo Martín. Está tan guapa que empezan a choverlle os pretendentes: o Señor Pato, Don Sapiño, Don Gato… Cal será a mellor elección? A ratiña non se deixará conquistar facilmente, nin Martín permitirá que lle arrebaten o amor da súa vida.
Co apoio da Comunidade de Madrid
- De 3 a 10 anos
- Teatro de monicreques e actores
- 45 minutos
- Autoría Charles Perrault
- Dirección Eduardo Guerrero
- Adaptación Guillermo Gil e Eduardo Guerrero
- Escenografía Tropos, Teatro de Títeres
- Iluminación Jorge Nuevo
- Son Jorge Nuevo
- Vestiario Isis de Jesús (La rata parda)
- Elenco Patricia Arroyo e Guillermo Gil
A compañía
Tropos, Teatro de Títeres é unha compañía de Madrid con 25 anos de traxectoria. O seu fundador e director, Guillermo Gil, actual director artístico do Teatro de Títeres del Retiro de Madrid, puxo en escena 10 espectáculos que participaron nos mellores festivais de España: FETEN, Festival de Almagro (mención especial do xurado), Teatralia... A compañía foi candidata nos Premios Max ao mellor espectáculo infantil por Y los sueños, sueños son, versión de La vida es sueño. Conta cun experimentado equipo de actores-manipuladores, presentes en producións como Los Guiñoles de Canal +, Los Lunnis, Playhouse Disney, El conciertazo, Avenue Q... e con Raquel Lázaro na distribución.