Ir ao contido da páxina
  1. Programación

A vida, un frenesí

Barafunda Teatro

Paula Marzoa
Auditorio ABANCA

Lol e Pop viven unha vida gris traballando nun almacén. A través dunha viaxe pola súa imaxinación móstrannos o paso do ser humano pola vida, dende a máis tenra infancia ata o ocaso da vellez.

A nosa asneira condúcenos a unha pronta extinción? Poderemos salvarnos? Esta tola parella de pallasos conta cunha receita para sobrevivir neste frenesí chamado vida: abrir o corazón e non parar de xogar e rir.

Espectáculo de comedia clown para todos os públicos que trata o paso do tempo, dende a infancia ata a vellez, a familia e a actualidade sociopolítica en clave de humor. A trama teatral, que interactúa co público, está dividida en sketches cómicos.

  • Todos os públicos
  • Teatro, clown, comedia
  • 75 minutos
  • Autoría Manuel Castro Lima e Adolfo Maguna Strasser
  • Dirección David Rodríguez Alonso
  • Escenografía Beatriz de Vega
  • Iluminación Beatriz de Vega
  • Son Manuel Castro Lima e Adolfo Maguna Strasser
  • Vestiario Manuel Castro Lima e Adolfo Maguna Strasser
  • Música David Rodríguez Alonso e Noemi Blanco Andrés
  • Elenco Manuel Castro Lima e Adolfo Maguna Strasser

A compañía

Barafunda Teatro é unha compañía galega que leva máis de quince anos creando e distribuíndo espectáculos de todo tipo: teatro de sala, teatro de rúa, teatro de monicreques, contacontos, música, clown e esculturas e decoración de globos.

Barafunda está formada por un equipo de profesionais especialistas en teatro, música, ocio educativo, animación sociocultural e creación de eventos e espectáculos. Actrices e actores, músicos, clowns e profesionais do mundo sociocultural forman un equipo que garante o éxito de cualquera show.

Contratación