The Exposure
Tanit Cobas
The Exposure é unha burbulla violeta que se ri da superficialidade, imita a pretensión e mostra o engano. Como público instruído e obediente, vives intensamente o que sucede no escenario. Con todo, as intérpretes poden estar a pensar en calquera outra cousa. Isto é a dramaturxia escondida: o mundo interior das bailarinas. Que pensan mentres bailan? Son seres reais?
Oh, querido público, estou farta de mentirvos! Necesito mostrarvos todas as cores do arco da vella e romper coa dualidade constante da vida. Necesito facer danza contemporánea en corpos actuais, onde son dona do meu pelo e das miñas zonas sen pelo; en mundos actuais, onde mostro as miñas opinións caendo do ceo sen complexos.
Co apoio do teatro estatal Musiktheater im Revier, de Alemaña, e da compañía de danza MIR Dance Company
- Todos os públicos
- Artes do movemento, danza contemporánea
- 11 minutos
- Autoría Tanit Cobas
- Dirección e coreografía Tanit Cobas
- Vestiario Marijo Torres (Malahierba Bcn) e Tanit Cobas
- Música Alicia Casado
- Voces Pablo Navarro Muñoz e Tanit Cobas
- Iluminación Mario Turco
- Fotografía Zoran Varga
- Interpretación Pablo Navarro Muñoz e Tanit Cobas
A compañía
Tanit Cobas é unha bailarina e coreógrafa coruñesa. Formou parte da compañía IT Dansa, onde tivo a oportunidade de interpretar pezas de Akram Khan, Alexander Ekman, Ohad Naharin, Lorena Nogal, Sidi Larbi Cherkaoui e Jiri Kylian. Máis adiante, traballa como bailarina na creación e interpretación de proxectos escénicos con La Veronal en Zelenstova e Sonoma, con Siberia en La piel vacía, Stone & Silk e LEVE, entre outros. Forma parte de MIR Dance Company, onde interpreta pezas de Fernando Melo, Felix Landerer, Roser López Espinosa, Jasmin Vardimon, Or Marin, Frank Pedersen e Club Guy&Roni.
Recibiu o premio a mellor bailarina no Mercat de les Flors pola súa interpretación en Jellyfish (2019).