Ir ao contido da páxina
  1. Programación

O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada

ButacaZero

Ana Barceló
Auditorio ABANCA

Cunha sinceridade crúa, e o seu clásico humor irónico, Carrodeguas aborda neste texto de auto[NON]ficción a relación co seu corpo, marcada pola gordofobia que se respira en calquera recuncho desta nosa apaixonante sociedade da fermosura. Porque por moito que te escondas, a gordofobia sempre está ao teu carón. Sobre todo porque está en ti.

  • Adulto
  • Teatro
  • 50 minutos
  • Autoría Esther F. Carrodeguas
  • Dirección Xavier Castiñeira
  • Música Juanma LoDo
  • Elenco Esther F. Carrodeguas e Juanma LoDo

A compañía

ButacaZero é a plataforma creativa da dramaturga Esther F. Carrodeguas e o director de escena Xavier Castiñeira, que propoñen un teatro que dialoga coa actualidade dende unha mirada crítica e irónica, espírito que inunda as dúas pezas coas que a compañía xira na actualidade. Por unha banda, O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada,  peza na que Carrodeguas aborda en primeirísima persoa a relación co seu corpo dentro desta nosa apaixonante sociedade da fermosura. Por outra banda, IRIBARNE, estreada en coprodución co Centro Dramático Nacional e a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, é un paseo pola nosa  "tan exemplar transición" da man dun dos nosos referentes máis imprescindibles: Manuel Fraga.

Contratación

Esther F. Carrodeguas
629 694 432
carrodeguas@butacazero.com
butacazero.com/compania
Rubén Capelán
622 122 898
oficina@butacazero.com